Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Benvidos/as á páxina web do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación

Trátase dunha unidade académica con presenza nas Facultades de Educación dos campus de Ourense (sede do departamento) e Pontevedra.

A súa principal función é coordinar, organizar e desenvolver a docencia e a investigación nas áreas de Didáctica e Organización Escolar, así como en Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación. Conta con grupos de investigación especializados en educación inclusiva, innovación, formación docente, Prácticum, tecnoloxía e educación dixital, entre outros.

O Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación está plenamente comprometido coa innovación educativa e a formación de profesionais altamente capacitados e a xeración de coñecemento relevante para afrontar os retos actuais da educación. O seu labor contribúe ó desenvolvemento dunha sociedade máis inclusiva, innovadora e preparada para os desafíos do século XXI.