GID PRINNOTECA
O Grupo de Innovación Docente PRINNOTECA (Prácticum, Innovación, Tecnoloxía e Aprendizaxe) desenvolve actividades innovadoras nas aulas universitarias, procurando a renovación de metodoloxías educativas, o traballo cos ODS e a mellora das competencias docentes, particularmente nas relacionadas coa equidade, o uso de medios e recursos dixitais e a avaliación e seguimento dos procesos de ensino aprendizaxe, con especial fincapé nas prácticas de aula, prácticas externas curriculares (Prácticum), TFG e TFM.
GID RIME
A iniciativa de crear o GID xorde da necesidade constatada por un grupo de docentes de diferentes departamentos e títulos de Educación da UVigo de axuntar esforzos no fomento da aprendizaxe participativa, activa e reflexiva tanto do alumnado como do PDI dos graos de Educación. A proposta ten como eixos as boas prácticas docentes e os REAs debido á necesidade dunha reflexión sobre as posibilidades e requirimentos pedagóxicos destas innovacións, á súa avaliación crítica e reflexiva e á súa transferencia.